BREVE HISTORIA DA COMPAÑÍA


Cía. Catro no Metro é unha compañía de danza contemporánea, danza-teatro, performance e diferentes artes do movemento de recente creación (creada no 2010).

Os seus integrantes son profesionais da danza con diferentes inquedanzas, proxectos e personalidades: Estefanía Gómez, Alba Fernández, Ángel Montero e David Edreira.

A cía. Catro no Metro ten en marcha un espectáculo de danza contemporánea creado e estreado no ano 2009: "Bótoche Unha Man?"

O seu seguinte proxecto é "Excusado", un espectáculo de danza e teatro baixo o asesoramento coreográfico de Rut Balbís (cía. Pisando Ovos) estreado o 16 de febrero do 2012 no Forum Metropolitano A Coruña.




CONTACTO

COMPAÑÍA CATRO NO METRO:
estefi_catronometro@hotmail.com



miércoles, 23 de marzo de 2011

ESTREA DE "EXCUSADO"



Fotografía: Ángel Montero

Catro no metro presenta a súa nova creación contemporánea "excusado", baixo o asesoramento coreográfico de Rut Balbís. A estrea terá lugar o xoves 16 de febreiro no auditorio do Forum Metropolitano (A Coruña).

  "Excusado" parte do concepto de kitsch e reflexiona sobre as relacións entre a crudeza e a estética da realidade, a percepción subxectiva do mundo no que vivimos, as apariencias e a sinceridade do propio corpo frente aos demáis, a soidade de estar na superficie,...

Creación e interpretación: Alba Fernández, Ángel Montero, Estefanía Gómez e David Edreira
Asesoramento Coreográfico: Rut Balbís.
Duración: 30 min.



No hay comentarios:

Publicar un comentario